Visitas

domingo, 14 de agosto de 2011

Vai a por el

Ás veces, chega un punto na túa vida que te cansas de esperar. De esperar a que pase algo, de que alguén apareza ou ao mellor volva...
Ves que o reloxo move os seus cachibaches para que as agullas avancen e se leven todos os minutos e horas de espera que se acaban esfumando no aire, observas como os días no teu calendario van avanzando e con eles os meses que rematan da mesma maneira que comezaron.
E agora, cando te das conta de que estás igual que cando comezaches, plantéxaste ir a buscar iso que tanto desexas, porque realmente estás farta de esperar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario