Visitas

viernes, 16 de septiembre de 2011

Érguete

Hoxe foi un día desos nos que espertei e non quería erguerme, tiña gañas de acurrucarme de novo na cama e meter a man debaixo da almofada, non era cuestión de sono, nin de que durmise mal, non, era unha sensación extraña, unha sensación como de que non houbese ningún motivo polo que erguerme, ao mellor era unha sinal de que a esa persoa lle daría igual que me pasase o día durmindo, tiña gañas de chorar, de escapar da realidade e voltar aos meus soños, e así poder terte un anaco máis ao meu carón, aínda que fose en soños. Foi aí cando me dixen non! e erguinme, si, fíxeno, poida que ti non me estiveses esperando, pero de seguro que había alguén que si, e se non fose así, daría igual, porque dinme conta de que ninguén merece que me pase o día enteiro apartada do mundo chorimicando, apenandome do que puido ser e non foi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario